Co propósito de incentivar a actividade turística en Galicia das persoas residentes na Comunidade autónoma, a Axencia de Turismo de Galicia pon en marcha o programa #DescubreGaliciaenOutono a través de bonos turísticos de desconto. Búscase, desta maneira, dinamizar o consumo turístico e impulsar a economía e emprego fóra de tempada alta.
Quedan expresamente fóra do programa as vivendas de uso turístico.
En ambos os dous casos deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria e ter coñecemento da sinatura que se lles proporcionou no momento da alta no citado rexistro.
Cada persoa beneficiaria poderá descargar ata 2 bonos de 150€ cada un, cofinanciado nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polo solicitante, é dicir: 60€ pola Xunta de Galicia e 90€ polo usuario. Cada un dos bonos poderá utilizarse nos distintos establecementos participantes ata esgotar o saldo.
Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia